Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2017)
O Traballo de Fin de Grao en Educación Social: valoración do alumnado
Abstract
O Traballo Fin de Grao (TFG) consiste na elaboración e defensa dun traballo orixinal en torno a un ámbito de intervención profesional da titulación e baixo a titorización dun profesor/a, sendo unha das materias a cursar na fase final dos estudos de Grao. Configúrase así como un espazo idóneo para que o alumnado acredite o dominio de competencias traballadas durante a súa formación. O obxectivo deste estudo é coñecer a valoración do alumnado do Grao en Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre o TFG e a súa contribución á adquisición de competencias profesionais.
Keywords