Recursos Rurais (May 2021)
Censo da poboación de lobos (Canis lupus) do norte de Galicia e estimativa da densidade
Abstract
O presente traballo recolle os resultados obtidos en prospeccións de poboación de lobo (Canis lupus), abordadas en 2019 e 2020 nunha área de 2.900 km2 situada a nordeste de Galicia, onde o último censo oficial cifrou en 6 grupos a presenza reprodutora da especie. Ditas prospeccións sitúan a poboación potencialmente reprodutora nun mínimo de 22 grupos, en 16 dos cales (72.7%) foi posible confirmar reprodución. Estes rexistros poñen en destaque a necesidade de actualización das estimativas de poboación da especie e, traducidos a densidade de poboación, sitúan o nordeste de Galicia cuns valores de densidade estimada dos máis elevados en toda a área de distribución mundial da especie (4.99 – 11.0 ex. /100 km2).
Keywords