Recursos Rurais (May 2016)

A Fraga de Santo Estevo do Ermo (Barreiros, Lugo): un lugar clave para a conservación de pteridófitas no Norte de Galicia (NW España)

  • Hugo López Castro,
  • Manuel A. Rodríguez Guitián,
  • Pablo Ramil Rego,
  • Carlos Real,
  • Javier Ferreiro da Costa

DOI
https://doi.org/10.15304/rr.id3330
Journal volume & issue
no. 11

Abstract

Read online

Neste traballo avalíase a importancia botánica para a conservación da contorna da Fraga de Sto. Estevo do Ermo, situada no concello de Barreiros (Lugo, NW España). Dentro das 331 ha que comprende este espazo, identificáronse un total de total de 219 taxons de plantas vasculares, das que 19 (8,6% do total) son Pteridófitas. Seis taxóns, entre eles os fentos Dryopteris aemula, Vandenboschia speciosa e Woodwardia radicans, son especies protexidas cuxas poboacións locais están asociadas ás 15,2 ha que ocupan os 6 tipos de hábitat do Anexo I da DC 92/43/CEE (dous deles de carácter prioritario) recoñecidos na área de estudo. A pesar da reducida superficie que ocupan estes ambientes ecolóxicos, este enclave pode cualificarse como un lugar de gran relevancia para a conservación das pteridófitas a nivel rexional.

Keywords