Revista Galega de Economía (Oct 2020)

Identidade propia e industrias creativas e culturais. O caso das rexións europeas.

  • José Manuel Amoedo Meijide,
  • Manuel González López

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.29.3.6831
Journal volume & issue
Vol. 29, no. 3

Abstract

Read online

Neste artigo analizamos o impacto que ten a identidade cultural e a autonomía política na capacidade das rexións europeas para desenvolver o sector das industrias creativas e culturais. En primeiro lugar, facemos unha recompilación da literatura existente sobre os factores clave para explicar a aglomeración das ditas industrias. En segundo lugar, presentamos as nosas hipóteses sobre o efecto da identidade propia nas industrias culturais e creativas. A continuación, mostramos catro modelos econométricos que relacionan estes conceptos no caso das rexións europeas. Finalmente, expoñemos as principais conclusións do traballo, que poden resumirse na existencia dun impacto positivo da identidade propia no desenvolvemento das industrias creativas e culturais nas rexións europeas.

Keywords