Recursos Rurais (Jul 2022)

O distintivo de calidade Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: unha ferramenta para a mellora ambiental e a comercialización en circuítos curtos

  • Jorge Blanco Ballón,
  • Miguel Fernández Pardo

DOI
https://doi.org/10.15304/rr.id8560
Journal volume & issue
no. 18

Abstract

Read online

A análise de contexto do sector primario e da industria alimentaria ten revelado a potencialidade para o desenvolvemento dunha estratexia integral, que estimule a produción, transformación e consumo de produtos locais, como ferramenta fronte ao cambio climático e orientada cara os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030. Xurde así no ano 2014 o deseño do Plan Alimentario da Reserva de Biosfera, cunha serie de obxectivos e unha folla de ruta dirixidos á mellora da gobernanza do Sistema Alimentario Local como un método de produción, distribución e consumo intimamente ligado co crecemento sostible. Unha das principais iniciativas postas en marcha dentro do Plan Alimentario foi a creación dun distintivo de calidade que sirva para diferenciar as producións locais e potenciar a comercialización en circuítos de proximidade, conectando a agricultura co consumidor final, así como coa restauración e os comedores escolares.

Keywords