Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Nov 2015)

Integración de los graduados universitarios en el mercado profesional. Formación en competencias horizontales.

  • Rocío Gómez-Juncal,
  • Silvia García,
  • Cristina Varela

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.07.164
Journal volume & issue
no. 07

Abstract

Read online

As habilidades sociais de comunicación, por ser capacidades cognitivas que se veñen demandando cada vez con máis forza na sociedade da información actual, onde os cambios son constantes e requiren dunha adaptación aos mismos de forma fluida e versátil, son capacidades que é necesario coñecer para afondar no seu desenvolvemento, xa que as empresas cada vez as valoran máis, sendo a súa importancia tal que poden marcar a diferencia á hora de conseguir un emprego. Ante currículums similares, as habilidades sociais soen decantar a balanza hacia aqueles candidatos que destacan polas “destrezas” como a seguridade nun mesmo ou o control emocional. Por todo o anteriormente exposto, consideramos que a intervención na mellora do coñecemento das potencialidades dos recén titulados, os situará en mellor lugar na consecución dun posto de emprego adaptado ás súas necesidades, por eso axudarlles a conseguir unha presentación óptima do seu perfil profesional, conseguir que preparen o seu dossier de traballos realizados durante a súa formación universitaria, conseguindo que os presenten dun xeito que transmita seguridade ó empregador, fará que os recén titulados estean nunha posición de ventaxa frente a outros iguais que non recibiran este tipo de formación. Neste traballo de investigación preténdese comparar entre dous grupos de titulados universitarios, que se diferencian na formación en habilidades sociais profesionais, as diferencias na incorporación laboral en diferentes áreas: tempo de espera para a incorporación, calidade e adaptación á mesma, entendendo que a intervención educativa transversal terá impacto no éxito na incorporación profesional, e a autopercepción exitosa neste aspecto.

Keywords