Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2012)
O espazo da tradución das expresións idiomáticas na clase de FLE (Francés como lingua estranxeira)
Abstract
As expresións idiomáticas, comprendidas e utilizadas sen recorrer a unha aprendizaxe escolar, instálanse co tempo na memoria popular e son compartidas polos membros dunha mesma comunidade lingüística. Non obstante, as pescudas en fraseoloxía demostran que non se traballan moito na clase de FLE xa que se consideran elementos lingüísticos complexos e difíciles de memorizar. Este artigo sitúase na perspectiva da pasaxe da lingua fonte ou L1 á lingua meta ou L2; trátase durante a tradución de analizar a imaxe literal e a súa descodificación metafórica. Este traballo que, evidentemente, vai máis alá da lingua, facilita a comprensión e a memorización das expresións estudadas. A imaxe referencial supera o sentido da suma dos constituíntes da expresión e conduce á abstracción da interpretación. // Idiomatic expressions, which are understood and used without a school learning, are set up in the popular memory. They are also shared by the members of a linguistic community. However, researchs in phraseology prove that they are not very studied in FLE courses, since they are considered as complex linguistic elements and difficult to memorise. This paper deals with the perspective of the translation from source language or L1 to target language or L2 and tries to analyse litteral images and their metaphorical decoding. This work, which goes beyond language, makes easier the understanding and memorisation of the studied expressions. The reference image will surpass the sense of the sum of the parts of the expression and will lead to abstraction and interpretation.