Revista Galega de Economía (Jun 2013)

Unha análise da independencia na auditoría de contas

  • Ana María Pina-Martínez García

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.22.1.1283
Journal volume & issue
Vol. 22, no. 1

Abstract

Read online

A virtude do proceso auditor depende de como transcorra na mente de quen o fai, de como se sucedan as súas fases, do seu contido e da súa finalización. A independencia do auditor convértese nun dos piares fundamentais do exercicio da actividade de auditoría de contas. O obxectivo deste traballo é analizar como se foi desenvolvendo este concepto tanto a nivel internacional como nacional, e anticipar as liñas de evolución nun futuro máis ou menos próximo. Para iso analízanse os principais textos normativos que configuraron a independencia do auditor, cuxa regulación pivotou sobre tres cuestións: os servizos que non pode prestar o auditor, os honorarios que percibe e a duración do contrato de auditoría. Conclúese con algunhas reflexións sobre a importancia da independencia do auditor e do seu sistema de control de calidade.

Keywords