Cadernos de Fraseoloxía Galega (Feb 2018)
Alles, was da kreucht und fleucht’: os fraseoloxismos alemáns con elementos únicos, entre sincronía e diacronía / ‘Alles, was da kreucht und fleucht’: German phraseologisms with unique elements, between synchrony and diachrony
Abstract
Neste artigo presentamos algunhas propiedades dos fraseoloxismos da lingua alemá con compoñentes únicos. Toda lingua conta cun inventario de regras determinado que rexe o modo de combinar palabras para expresar ideas e sentimentos. As unidades fraseolóxicas conteñen con certa frecuencia compoñentes únicos, mais con menor frecuencia ca as combinacións fraseolóxicas, por exemplo, alles, was da kreucht und fleucht, das Hasenpanier ergreifen, jmdm. Eselbrücke bauen, etwas aus dem Effeff kennen, am Hungertuch nagen. As características semánticas das unidades fraseolóxicas con formadores de ligazón fraseolóxica veñen determinadas en primeiro lugar pola función aglutinadora das unidades fraseolóxicas. Esta función aglutinadora dos fraseoloxismos que xurdiron como resultado de diferentes procesos intralingüísticos que se produciron na evolución das linguas e que foron determinados por factores sociais da vida das persoas define a súa capacidade para reproducir información e experiencias de relevancia social, e, en consecuencia, para conservar e transferir distintos coñecementos da historia, da xeografía, da economía, da cultura e da vida cotiá das persoas mediante compoñentes nacionais-culturais da semántica das unidades fraseolóxicas. // In this article, we presented some properties of idioms with unique components in German. Each language has a certain set of rules that govern way words are put together to express facts, ideas, and feelings. Phraseological units contain the unique component rather often but less commonly than phraseological combinations. For example, alles, was da kreucht und fleucht – all creatures great and small, das Hasenpanier ergreifen – to tail off, jmdm. die Eselbrücke bauen – to prompt somebody, etwas aus dem Effeff kennen – to know sth backwards (inside), am Hungertuch nagen – to be starving (on the breadline). The semantic features of phraseological units with the phraseologically linked formative are determined primarily by the cumulative function of phraseological units. The cumulative function of phraseologisms which emerged as a result of various intralingual processes of the language development and were determined by social factors of the life of people, defines their ability to fix, preserve, transfer and thus reproduce the socially significant information and experience, and, as a result, various knowledge from history, geography, economy, culture and everyday life of the people, which comprises the national-cultural component of the semantics of phraseological units.