Revista Galega de Economía (Nov 2016)

¿GARANTIZA O FONDO DE RESERVA A SUSTENTABILIDADE DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS?.

  • Mercedes Mareque Álvarez-Santullano,
  • Francisco López-Corrales

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.25.2.3733
Journal volume & issue
Vol. 25, no. 2

Abstract

Read online

Dende hai décadas fálase da crise financeira que sofren os sistemas de pensións, o cal derivou na necesidade de instaurar mecanismos de estabilización e reformas co obxectivo de solucionar eses desequilibrios. O Fondo de Reserva é un dos mecanismos utilizados para corrixir as situacións de desequilibrio actuarial do sistema de pensións, actuando perante as crises demográficas e económicas. Este estudo ten como obxectivo a análise da evolución e situación actual do Fondo de Reserva da Seguridade Social en España, e do seu papel na sustentabilidade do sistema público de pensións. O traballo permitiunos identificar oportunidades de mellora e establecer un conxunto de recomendacións que, de ser consideradas polos organismos oficiais poderían converter ao Fondo de Reserva nun elemento relevante na solvencia dos sistemas da Seguridade Social contribuíndo á súa sustentabilidade e aumentando a equidade entre as xeracións de pensionistas.

Keywords