Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2015)

A atención á diversidade como eixo na construción do labor da Orientación en Educación Primaria

  • María Cristina Pérez-Crego

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.11.1113
Journal volume & issue
no. 11

Abstract

Read online

Este traballo mostra os resultados dun proxecto de investigación sobre a construción biográfica da orientación escolar a través de historias de vida de orientadoras nas primeiras etapas do ensino en Galicia. O obxectivo foi reconstruír as súas experiencias profesionais interrelacionando os fitos institucionais mais significativos. Historicamente a atención á diversidade ten sido un dos ámbitos de actuación prioritarios na orientación. As necesidades educativas especiais son tamén una referencia principal na súa perspectiva profesional de asesoramento. O seu traballo mostra un anhelo da formación permanente nas necesidades de educación especial dende o comezo da súa experiencia. Como parte da súa perspectiva a ensinanza está vinculada a contextos educativos específicos.

Keywords