Revista Galega de Economía (Jan 2015)

A VET: UN ACHEGAMENTO ESTRATÉXICO PARA O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, CORPORATIVO E PERSOAL NOS PAÍSES DA UE

  • Orlando Petiz PEREIRA

Journal volume & issue
Vol. 24, no. 2
pp. 121 – 134

Abstract

Read online

A Educación e Capacitación Vocacional (VET) é un proceso continuo a longo prazo de desenvolvemento económico, corporativo e persoal. Contempla a construción de competencias dinámicas para mellorar o rendemento, a produtividade e o desenvolvemento corporativo, persoal e social. Este artigo estuda a xeración de competencias. Enmarca a capacitación como un proceso de formación para o traballo e como a principal fonte de xeración de competencias, ao mesmo tempo que procura fomentar a creatividade. Aclara o debate con respecto á transferencia de aprendizaxe como a condición necesaria para estruturar o rendemento e a competitividade. Resalta o Inventario do Sistema de Transferencia de Aprendizaxe (LTSI), porque permite medir a eficacia da formación e identifica as debilidades das organizacións. Os datos usados proveñen da base de datos Eurostat.