Estudios Hispánicos (Feb 2024)

A investigación no ILG (1971–1990) e a importancia do ALGa na estandarización da lingua galega

  • Francisco Fernández Rei

DOI
https://doi.org/10.19195/2084-2546.31.2
Journal volume & issue
Vol. 31
pp. 21 – 37

Abstract

Read online

A comezos da década de 1960 Dámaso Alonso e A. Zamora Vicente queixábanse do considerable atraso nos estudos do galego moderno. Neste artigo referireime, en primeiro lugar, á superación dese atraso con investigacións, sobre todo, do galego oral, e coa súa difusión entre os romanistas, en que tivo un papel fundamental o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, na xeira do seu ideador e primeiro director Constantino García (1971–1990). Despois dunhas notas sobre a incipiente questione della lingua galega, coa publicación a comezos da década de 1970 das normas da Real Academia Galega (RAG) e do manual Gallego 1 do ILG, centrareime no intento de salvar esa questione co texto conciliador Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977) para o que se tivo en conta o material inédito do Atlas Lingüístico Galego nas propostas morfolóxicas e nalgunhas propostas léxicas, que foron o alicerce da normativa vixente elaborada no 1982 polo ILG e a RAG.

Keywords