Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2022)
Variantes paremiográficas: procedementos para a súa sistematización / Paremiographic variants: procedures for their systematization
Abstract
O presente estudo, desde o ámbito da xeografía lingüística ou xeoparemioloxía, contén as pautas para abordar o procedemento máis axeitado para a sistematización das variantes paremiográficas dialectais contidas no corpus de paremias populares recompiladas a través dun traballo de campo levado a cabo durante os anos 2018 e 2019 na cidade siciliana de Messina (Italia). Co obxectivo de ofrecer o procedemento máis axeitado para a súa sistematización, acudimos á proposta aplicada ás paremias inglesas por Grzybek, Chlosta e Roos (1994, pp. 221–256), segundo a cal as variantes poden sufrir cambios ou alteracións formais e/ou estruturais de menor ou maior extensión que, nalgún caso, poden afectar ó significado translaticio e transformacións na estrutura superficial que poden dificultar a identificación da paremia non marcada. A sistematización da tipoloxía das variantes paremiográficas, ademais de recoller os refráns dialectais en toda a riqueza das súas variantes sincrónicas revela os mecanismos que se amosan máis activos na produción de modificacións.