Revista Galega de Economía (Sep 2018)
As características da organización do traballo no sector de software e servizos informáticos. Reflexións a partir do caso arxentino
Abstract
Este traballo procura identificar e analizar as formas de organización do traballo que caracterizan ás empresas de Software e Servizos Informáticos (SSI), tanto dende unha perspectiva teórico-metodolóxica como aplicada ao caso arxentino. Para iso, desenvolve un marco analítico que considera seis factores constitutivos da organización do traballo (autonomía, participación, equipo de traballo, control, flexibilidade e adquisición de competencias), as relacións entre os mesmos e as súas particularidades no sector de SSI.
Keywords