Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2009)
Os grandes pícaros nas anécdotas e modismos alemáns e árabes. Un estudo comparativo
Abstract
Neste artigo realízase un estudo comparativo que nos ofrece unha idea xeral sobre Eulenspiegel e Goha, os pícaros máis célebres da literatura alemá e árabe, concretamente exipcia, e sobre as súas anécdotas, que son orixe dalgúns fraseoloxismos. Analízase a procedencia de ambas as figuras, o lugar que ocupan na literatura e a súa influencia sobre os pobos respectivos para poñer de relevo as semellanzas e diferenzas entre elas. A través desta comparación preténdese demostrar que estes personaxes non son intercambiables no que respecta ás funcións específicas que desempeñan nas anécdotas e expresións idiomáticas malia as moitas características que comparten, como son a posición social, a inmortalidade social etc. // This article is a confrontative research, which gives us a view about Eulenspiegel and Goh; the buffoons in the german and the arabic, respectively the egyptian, literature and their anecdotes, which are the source of some proverbs. The extraction of both figures, their position in the literature and their effects on the people should be analysed to emphazise similarities and differences between them. This comparison should prove that both figures are not to be interchanged – inspite of all similarities between them, for example their function in the anecdotes and proverbs and their immortality.