Revista Galega de Economía (Sep 2020)
Elaboración da balanza fiscal de Galicia para o período 2011-2013. Unha análise comparativa co Sistema de Contas Públicas Territorializadas
Abstract
O presente traballo leva a cabo a estimación do saldo da balanza fiscal de Galicia para o período 2011-2013, empregando como base de datos para a imputación do gasto o SICOP, e levando a cabo unha comparativa co saldo estimado no Sistema de Contas Públicas Territorializadas. Como principal novidade, e a diferenza doutros traballos publicados ata o momento para Galicia, o saldo da balanza fiscal preséntase seguindo a seguinte lóxica. En primeiro lugar, elabórase a “balanza fiscal básica”, onde soamente se ten en conta o gasto territorializado en Galicia e que se materializa en transferencias da Administración central á Comunidade Autónoma, gasto en bens e servizos e en persoal xunto ao investimento real. Posteriormente, indicarase o saldo da “balanza fiscal ampliada”, onde se engaden os gastos financeiros e mais en protección social.
Keywords