Revista Galega de Economía (Jun 2018)
A MOROSIDADE NO SECTOR LOCAL ESPAÑOL: FACTORES DE RISCO E PREVENCIÓN
Abstract
A creación do Fondo para o Financiamento do Plan de Pagamento a Provedores (2012-2013) e o control fiscal dos períodos de pagamento son dúas medidas que pretenden reducir a morosidade pública. Neste contexto, o obxectivo do traballo é avaliar as medidas anteriores e comprobar se as características políticas e a contorna económica inflúen nos períodos de pagamento dos concellos españois. Para iso, realízase unha análise exploratoria e aplícase a metodoloxía de datos de panel (2009-2014). Contribúese en probar a eficiencia das políticas que combaten a morosidade e en analizar a liquidez municipal.
Keywords