Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jun 2021)

Escollas colocacionais a partir dun corpus de estudantes de tradución e a importancia do desenvolvemento da competencia colocacional / Collocational Choices from a Corpus of Translation Students: The Importance of Developing Collocational Competence

  • Adriane Orenha-Ottaiano

DOI
https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.02.00003
Journal volume & issue
no. 21
pp. 35 – 64

Abstract

Read online

O obxectivo deste artigo é extraer e analizar as colocacións empregadas por estudantes de tradución a partir dun corpus paralelo chamado Corpus de Aprendizes de Traduçao (CAT), formado por textos orixinalmente escritos en portugués e traducións para a lingua inglesa, por medio das ferramentas de computación dispoñibles grazas á plataforma Sketch Engine (Kilgarriff et al 2004). Todos os textos orixinais e traducidos alimentaron o Multilingual Student Translation Corpus (MUST2), baixo a nosa coordinación na Universidade Estadual Paulista (UNESP) e baixo a dirección das Profs. Dras. Sylviane Granger e Marie-Aude Lefer (Granger e Lefer, 2020), da Université Catholique de Louvain. Ao analizar as escollas colocacionais utilizadas polos aprendices de tradución, buscamos debater tamén cales serían as opcións de tradución máis frecuentemente empregadas na lingua albo por medio do corpus EnTenTen15. Baseándose no resultado deste estudo, é posible destacar a importancia de promover o desenvolvemento da competencia colocacional nos cursos de formación de tradutores. Investigacións como a proposta tamén poden contribuír a unha mellor comprensión da dificultade e complexidade na tradución de colocacións. Ademais, pode sinalar a necesidade de crear ferramentas, materias didácticos e dicionarios dirixidos ao ensino e aprendizaxe de colocacións (Orenha-Ottaiano, 2015, 2017), así como para axudar na escolla das mellores opcións na tradución de colocacións, co obxectivo de desenvolver a competencia colocacional do tradutor estudante e profesional. // The aim of this paper is to extract and analyze the collocations employed by translation learners from a parallel corpus entitled Translation Student Corpus (CAT), made up of texts originally written in Portuguese and their translations into the English language, with the help of the tools available through the Sketch Engine platform (Kilgarriff et al 2004). All original and translated texts fed the Multilingual Student Translation Corpus (MUST), under our coordination, at São Paulo State University (UNESP), and under the management of Drs. Sylviane Granger and Marie-Aude Lefer (Granger e Lefer, 2020), from the Université Catholique de Louvain. By analyzing the translation learners’ collocational choices, we also sought to discuss which translational options were most often employed in the target language through the EnTenTen15 corpus. Based on the results of this study, it may be possible to emphasize the relevance of promoting the development of collocational competence in translator training courses. Investigations such as the proposed one may contribute to a better understanding of the difficulty as well as complexity of the translation of collocations. In addition, it may signal the need for the creation of tools, teaching materials and dictionaries aimed at teaching and learning collocations, as well as at helping choose the best translation options of collocations, with a view to developing student and professional translators’ collocational competence.

Keywords