Ad Limina (Jul 2010)

Montañas e peregrinos nos Camiños de Santiago

  • Marco Piccat

DOI
https://doi.org/10.61890/adlimina/1.2010/22
Journal volume & issue
Vol. 1
pp. 111 – 127

Abstract

Read online

A montaña foi, para todo o Medievo, elemento natural da paisaxe co cal os homes tiñan que contar por forza; por esta razón entrou a formar parte do patrimonio das emocións que moitos narradores, nomeadamente os viaxeiros-peregrinos, quixeron expresar en diversas linguas. Un exemplo excelente dos problemas relativos ao ascenso ou paso das montañas dos diversos países sinalados e das súas múltiples representacións mentais contense nos textos que se integran na rica tradición odepórica das viaxes a Santiago de Compostela. Aquí as referencias culturais deveñen continuas e insistentes: algunhas veces, a idea da montaña evoca cultos e tradicións da civilización antiga; outras, os perigos concretos que supón atravesalas, sobre todo durante os meses invernais, representan un sinal vivo das presenzas diabólicas, e por último, outras veces convértense en “notas de actualidade” dun momento histórico no cal os infelices, coma lobos á procura de presas, buscaban, nas montañas, a posibilidade de fuxir ao seu triste destino. Aínda así, na peregrinación a Santiago existían montañas especiais, lugares puros onde o sagrado resplandece: algunhas en localidades próximas ao punto de partida; outra, importante, na entrada ás terras de España, pero a máis grande, a do “gozo”, erguíase ás portas da cidade de Santiago. Estas notas queren ser unha breve invitación a percorrer, aínda que sexa virtualmente, o encontro con esas montañas e a súa ascensión.

Keywords