Cadernos de Fraseoloxía Galega (Feb 2021)

As novas tecnoloxías no ensino/aprendizaxe das colocacións en inglés / Using the new technologies to teach and learn collocations in English

  • Mario Cal Varela,
  • Francisco Javier Fernández Polo

Journal volume & issue
no. 20
pp. 17 – 40

Abstract

Read online

Neste artigo preséntanse unha serie de actividades para o ensino das “colocacións”, ou combinacións frecuentes de palabras, na aula de inglés como lingua estranxeira, nas que se empregan ferramentas da Lingüística de corpus e materiais dispoñibles na Rede. A primeira parte do traballo contén unha definición do concepto de colocación e unha breve panorámica das tendencias actuais no ensino de linguas estranxeiras e do papel que desempeñan as novas tecnoloxías. No artigo deféndese que vivimos un momento propicio para a introdución de prácticas de aprendizaxe baseadas en datos, dada a ampla variedade de dicionarios e corpus lingüísticos, a máis de ferramentas para a súa explotación dispoñibles na Rede, a miúdo de forma gratuíta. A segunda parte do artigo contén unha serie de actividades prácticas para o ensino das colocacións léxicas en inglés. En sintonía coa crecente popularidade das pedagoxías centradas no discente no contexto particular do ensino de linguas estranxeiras, as catro actividades presentadas e ilustradas nesta sección poñen a énfase no papel activo do estudante, o verdadeiro protagonista dunha aprendizaxe na que o profesor desempeña un papel de guía e de facilitador. As catro actividades están organizadas de menor a maior complexidade e, xa que logo, están previstas para estudantes con distintos niveis de madurez e distintos graos de independencia ou capacidade para asumir a responsabilidade da súa propia aprendizaxe. // In this paper, we propose a range of practical activities that may be implemented in the ESL classroom to learn English collocations using the affordances and tools of corpus linguistics and the Internet. The first part of the study provides a definition of the key concept of collocation as well as an overview of current tendencies in the teaching of foreign languages and the role of the new technologies. The time is ripe for the introduction of data-driven learning practices in the ESL classroom given the wide variety of free-access dictionaries and corpora available on the web, as well as the tools for their exploitation. In the second, central part of the study, we present a number of practical activities for the teaching of the collocational patterns of English. In line with the current popularity of learner-centered pedagogies in foreign-language teaching, the four activities fully presented and illustrated in this section put a great emphasis on the active role of the students as the true protagonists of their own learning, with the teacher becoming a guide and a facilitator. The four activities are organized in such a way that they show an increasing degree of complexity, therefore, of student maturity and learner independence.

Keywords