Revista Galega de Economía (Dec 2020)
Valoración territorial da proposta de traslado dunha oficina de farmacia en Galicia. Un estudo de caso de Xeografía Aplicada
Abstract
A creación ou traslado dun servizo sempre ten unha serie de repercusións territoriais, pero se ademais se trata dunha farmacia que para exercer a súa actividade ten que cumprir unha serie de condicionantes vinculados ao número de habitantes, á distancia, etcétera, as consecuencias territoriais poden ser variadas. Por iso, a finalidade deste traballo é amosar a repercusión territorial que ocasionaría o traslado voluntario dunha oficina de farmacia dentro do Concello da Estrada (Pontevedra), entendendo como repercusión territorial a súa influencia nas características demográficas, sociais, económicas e de mobilidade da poboación deste espazo do interior de Galicia, así como sobre o servizo básico de distribución de medicamentos á poboación. Para acadar este obxectivo, realizouse un exhaustivo traballo de campo e unha análise de toda a información territorial dispoñible sobre as actuacións que se realizarán, desde o punto de vista de planificación e desenvolvemento territorial, no concello. Unha das conclusións alcanzadas foi comprobar como os límites ou as fronteiras que se crean en ocasións desde a Administración non sempre son as máis eficientes en relación coas características do territorio nin dan o mellor servizo á poboación (áreas educativas, farmacéuticas ou sanitarias).
Keywords