Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2024)

Fraseoloxía serbia: consolidación da disciplina e cuestións terminolóxicas

  • Aneta Trivić,
  • Anđelka Pejović

DOI
https://doi.org/10.52740/cfg.23.25.08.00078
Journal volume & issue
no. 25
pp. 155 – 171

Abstract

Read online

Neste traballo, emprendemos a tarefa de ofrecer un panorama da evolución e dos alcances máis importantes da fraseoloxía serbia. Presentamos a orixe e consolidación da disciplina en circunstancias temporais e espaciais dadas, e organizámolas en dúas direccións. Na primeira, facemos un percorrido polo labor fraseográfico e paremiográfico, pasando polas primeiras coleccións de refráns, os primeiros dicionarios fraseolóxicos bilingües, o dicionario fraseolóxico monolingüe serbo-croata e, finalmente, o dicionario fraseolóxico serbio. A segunda dirección que adoptamos representa as investigacións relevantes sobre a teoría da fraseoloxía serbia, encabezadas pola obra de Dragana Mršević-Radović e outros autores eminentes que tratan temas como a determinación da disciplina, do seu obxecto de estudo e da descrición e clasificación das súas unidades. No tratamento das cuestións fraseolóxicas teóricas, representamos os principios adoptados por lingüistas serbias/ serbios (e exiugoslavos/exioguslavas) na delimitación da fraseoloxía, do seu obxecto de estudo e da nomenclatura e clasificación das súas unidades. Extraemos paralelismos coa escola fraseolóxica española e con outras escolas europeas, indicando sempre as peculiaridades da serbia, especialmente no que respecta ao ámbito de estudo e á tipoloxía das unidades fraseolóxicas.