Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2012)
Álvaro Cunqueiro e a paremioloxía
Abstract
O presente artigo ofrece a edición de dous breves pero substanciosos artigos paremiolóxicos do escritor galego Álvaro Cunqueiro: o primeiro é un artigo inédito sobre refráns galegos de tema sexual escrito en 1951; o segundo é un esquecido artigo publicado no Faro de Vigo en 1955 e reeditado con numerosos retoques en 1957 en La Voz de Galicia e nos que Cunqueiro expón a matizada valoración que el fai do refraneiro e tamén deixa ve-la súa tan característica erudita fantasía. Ofrécense despois sete mostras de como Cunqueiro definía fraseoloxismos e paremias, non á maneira académica, senón por simple contextualización, como fan os usuarios espontáneos e finalmente sitúase Cunqueiro na polémica dos escritores do seu tempo contra o uso da fraseoloxía no xornalismo e na literatura. // This paper offers an edition of two brief and meaningful paremiological articles written by the Galician writer Álvaro Cunqueiro. The first one, which was written in 1951, is an unpublished paper about Galician proverbs whose main topic is the sexual one. The second one is a paper already published in Faro de Vigo in 1955 and reprinted with many slight changes in 1957 in La Voz de Galicia. In this paper Cunqueiro shows his own appreciation of the colllection of provers and also shows his characteristic fantasy. Then this article offers seven examples of how Cunqueiro defined phraseologisms and proverbs, not in an academic way, but just by simple contextualization as spontaneous users do; and finally discusses what is the position of Cunqueiro in the controversy between the writers of his time against the use of fraseology in journalism and literature.