Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2012)

Fraseoloxismos e lingua figurada. As persoas vistas como obxectos ou máquinas

  • Luis González García

Journal volume & issue
no. 13
pp. 113 – 148

Abstract

Read online

Neste artigo analízanse os fraseoloxismos orixinados pola metáfora “as persoas son obxectos/máquinas” en galego e castelán. Partindo de postulados próximos aos da lingüística cognitiva, en primeiro lugar estudamos os fundamentos semánticos e pragmáticos deste tipo de metáforas (e procesos relacionados como metonimias e comparacións). De seguido, analizamos as expresións que aparecen nun corpus formado polos principais dicionarios fraseolóxicos do galego e o castelán. No estudo propiamente dito, analizamos estas unidades tomando como base tanto o dominio meta (as persoas e as calidades súas resaltadas neste tipo de idiomatismos) como o dominio fonte (obxectos e máquinas que orixinan a metáfora). Por tratarse dun dominio en constante cambio, veremos como as novas tecnoloxías se van incorporando rapidamente a este proceso de metaforización. // In this paper the idiomatic expressions originated by metaphor “people are objects/machines” are analysed en Galician and Spanish. Taking as a starting point some principles or tenets which could be included within Cognitive Linguistics, I have decided to analyse first the semantic and pragmatic foundations of this sort of metaphors (and other related processes such as metonymies and comparisons). Next, these expressions will be examined according to the contents of the main Spanish and Galician phraseological dictionaries. In the study itself, these units will be analysed considering not only the target domain (people and qualities that are relevant in this kind of idioms) but also the source domain (objects and machines that bring about metaphors): Since this is a constantly changing domain, I will try to demonstrate how new technologies get quickly incorporated into this process of metaphorisation.

Keywords