Revista Galega de Economía (Sep 2013)

Exclusión social nos fogares españois. Un estudo comparativo rexional durante o período 2004-2008

  • Juana Domínguez Domínguez,
  • José Javier Núñez Velázquez

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.22.extra.1403
Journal volume & issue
Vol. 22, no. Extra

Abstract

Read online

Neste traballo lévase a cabo unha análise do grao de exclusión social nos fogares españois tanto a nivel nacional como por comunidades autónomas. Para alcanzar este obxectivo, selecciónase un conxunto de indicadores cualitativos e cuantitativos relacionados coa exclusión social, construíndose un indicador composto sintético a partir deles que despois será utilizado para o estudo do obxectivo formulado. Os datos utilizados, que abarcan o período 2004-2010, proceden do “Módulo de Exclusión Social” da Encuesta de Condiciones de Vida (ECV), que é a enquisa española integrada na European Union Statistics on Income and Living Conditions (EU-SILC), coordinada pola Oficina Estatística Europea (EUROSTAT).

Keywords