Comunicação e Sociedade (Dec 2012)

Algunhas propostas para vencer os desafíos na formación dos ciberxornalistas

  • Xosé López

DOI
https://doi.org/10.17231/comsoc.9(2006).1160
Journal volume & issue
Vol. 9
pp. 121 – 128

Abstract

Read online

A formación dos xornalistas precisa de actualizacións1 para responder ás novas demandas da sociedade e aos cambios que se produciron nos últimos anos, especialmente no campo da Comunicación. A Universidade, que é un centro desde o que se estudian e analizan de forma permanente os cambios sociais, traballa nesta dirección. Con distintas iniciativas, busca cumprir coas súas obrigas de ofrecer unha boa formación que atenda aos novos perfiles profesionais que xurdiron nestes anos, especialmente logo da aparición da rede Internet e dos cambios que arredor dela se están producindo. No marco destas liñas de traballo, desde o ano 2000 acometeuse unha maior especialización dalgúns centros universitarios e acordouse a oferta de novos itinerarios para responder ás actuais demandas sociais.

Keywords