Revista Galega de Economía (Oct 2016)
CANDO A CRISE CHE EXIME. O SECTOR DA DISTRIBUCIÓN E O COMERCIO AO POR MENOR ESPAÑOL: PEQUENAS Vs GRANDES EMPRESAS
Abstract
Neste traballo analizamos como o sector do comercio ao por menor evolucionou nun contexto de crise. Establecemos as hipóteses sobre o seu comportamento por mor da especialización na venda de bens de primeira necesidade, así como das dificultades para acceder ao crédito. Obtivemos unha mostra de empresas da base SABI e clasificámolas por tamaños. Estudamos a evolución de ratios de eficiencia, operatividade, rendibilidade ou solvencia e procuramos os cambios estatisticamente significativos nas ratios dependendo do tamaño empresarial, o que permitiunos afirmar que só as pequenas empresas perderon rendibilidade e tiveron que reorganizar a súa estrutura financeira.
Keywords