Revista Galega de Economía (Sep 2017)
Pautas de terciarización do sector agrario galego: unha aproximación empírica
Abstract
Neste traballo analízase a importancia do proceso de terciarización do sector agrario galego e as súas características en relación co modelo agrario rexional. É un fenómeno que recibiu pouca atención na literatura e, porén, é unha realidade dunha importancia crecente para entender o desenvolvemento agrario e o desenvolvemento rexional. A distribución das actividades de servizos dentro do territorio rexional e o contido desas actividades é moi relevante para frear o abandono do espazo rural e garantir a cohesión dentro do territorio. O estudo baséase na análise dos datos estatísticos dispoñibles. En concreto, a visión agregada apórtana os datos do Marco Input Output de Galicia e as Contas Económicas da Agricultura. Namentres, os datos do Censo Agrario e a Enquisa de Estrutura das Explotacións Agrarias permiten unha análise dende o punto de vista microeconómico. Obsérvase unha crecente utilización de servizos por parte do sector agrario galego alomenos durante a década de 1990 e unha ralentización nos anos máis recentes. A análise do contido dos servizos permite identificar unha notable importancia da externalización de actividades e funcións propias do proceso produtivo agrario, así como o dinamismo de certos servizos intensivos en coñecemento, chave en certas actividades agrarias e no seu proceso de innovación. In this paper the importance of the tertiarisation of the Galician agricultural sector and its main features in relation to the regional agricultural sector are analysed. It is a phenomenon that has received scarce attention in the literature, though it is a reality that deserves attention in order to favour the understanding of the agricultural and regional development. The distribution of service activities in the regional territory and the content of these activities are very relevant to hinder the abandonment of the rural space and to guarantee the internal cohesion of the territory. The study is based on the analysis of the available statistical data. In particular, the aggregated view comes from the Input-Output data and the Economic Accounts of Agriculture. A microanalysis of the phenomenon is carried out according to the Censo Agrario and the Encuesta de Estructura de las Explotaciones Agrarias. There is an increasing utilisation of services on behalf of the Galician agricultural sector along the 1990’s decade, later decreasing in more recent years. The analysis of the content of services allows to identify the importance of outsourcing of specific tasks and functions of the agricultural productive process, as well as the dynamism of certain knowledge-intensive business services, which are key for innovation processes in the agricultural sector.
Keywords