Revista Galega de Economía (Jun 2013)

Auditoría, comités de auditoría e neutralidade na información narrativa

  • María Rosario Babío Arcay,
  • Oscar Suárez Fernández,
  • Rosario Vidal Lopo

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.22.1.1276
Journal volume & issue
Vol. 22, no. 1

Abstract

Read online

O obxectivo deste traballo é a análise da implicación do auditor e do comité de auditoría na revisión da información narrativa. Utilizando como medida da calidade o ton da información histórica e de carácter financeiro contida no informe de xestión, estudamos a súa relación con determinadas características que a investigación previa identificou como determinantes da calidade da auditoría externa e da efectividade do comité de auditoría nas súas tarefas de supervisión da información. Os nosos resultados apuntan a unha falta de obxectividade na información que a actividade de auditores e comités non contribúe a corrixir. Unicamente resulta significativa a medida relativa ao grao de esforzo do auditor, que se relaciona positivamente cunha maior neutralidade, mentres que a duración da relación cliente-firma de auditoría e a prestación de servizos adicionais polo auditor, aínda que non significativamente, se relacionan negativamente coa calidade da información. Nin a presenza de independentes no comité de auditoría nin o seu grao de actividade mostran relación coa neutralidade da información.

Keywords