Revista Galega de Economía (Mar 2015)

De novo en Santiago de Compostela: as implicacións da lealdade para un

  • María Pilar Murias Fernández,
  • David Rodríguez González

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.23.2.2482
Journal volume & issue
Vol. 23, no. 2

Abstract

Read online

Aínda que habitualmente se asume que atraer ao destino a clientes que repiten require menores esforzos de márketing, na literatura turística existen discrepancias sobre a rendibilidade ou o comportamento destes turistas con respecto á viaxe. Este traballo pretende incorporarse ao debate aberto sobre as diferenzas entre os visitantes que repiten visita e os que visitan por primeira vez co fin de coñecer mellor as características dos dous grupos e permitirlles aos xestores dos destinos un deseño máis eficaz das súas políticas. Por iso, a análise centrarase en aspectos relevantes para os xestores. O estudo está baseado nunha enquisa realizada aos turistas que visitaron durante o ano 2010 Santiago de Compostela.

Keywords