Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2017)
Análise da aprendizaxe e memorización do léxico en galego polo alumnado castelán-falante
Abstract
Galicia conta con dúas linguas oficias, galego e castelán, que teñen un léxico propio que as distingue. O noso obxectivo é analizar a aprendizaxe e memoria do alumnado castelán-falante do léxico propio da lingua galega a través de 26 alumnos de cuarto primaria do CEIP Anxo da Garda. Os datos obtidos amosan que o alumnado presenta pouca motivación para a aprendizaxe de vocabulario en galego polo que estimamos que debemos presentárllelo encadrado nun contexto motivador que lles permita atopar palabras que xa coñecían previamente e adquirir os novos termos así como fomentar o seu emprego fóra das aulas.
Keywords