Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2006)
Significacións gramaticais e sentidos colocacionais: ¿máis ca unha simple coincidencia?
Abstract
O artigo pon de relevo a grande área de intersección semántica que existe entre o conxunto de sentidos vehiculados mediante flexemas e derivatemas, por unha banda, e mediante colocacións léxicas, por outra. Saliéntase a importancia que esta cuestión pode ter respecto ó deseño de sistemas de tradución automática con interlingua gramatical. Emprégase o aparello teórico desenvolvido no marco da Teoría Sentido-Texto (TST), particularmente o concepto de función léxica. Faise unha breve presentación do proxecto InterGram. // This paper highlights the big area of semantic intersection that exists between the set of meanings expressed by means of flexemes and derivatemes, on the one hand, and by means of lexical collocations, on the other. We underline the importance of this issue regarding the design of machine translation systems with grammatical interlingua. We use the theoretical frame of the Meaning-Text Theory (MTT), especially the concept of Lexical Function. A concise presentation of the InterGram project is done.