Cuadernos de Estudios Gallegos (Dec 2005)

Túmulo 5 de Forno dos Mouros (Ortigueira, A Coruña). Primeiros resultados

  • Patricia Mañana Borrazas

DOI
https://doi.org/10.3989/ceg.2005.v52.i118.91
Journal volume & issue
Vol. 52, no. 118
pp. 39 – 79

Abstract

Read online

[gl] Preséntanse os resultados das diversas campañas de escavación dun dos túmulos mais señeiros da comarca de Ortigueira e que pola contra, presentaba un estado de conservación pésimo: o túmulo 5 do conxunto de Formo dos Mouros, na serra de Coriscada. O obxectivo final destas intervencións foi, ademáis de recuperar información sobre este monumento, preservar e acondicionar as súas estructuras para que fose comprensible a xente en xeral, así como intégralo nun plan de posta en valor coma recurso cultural e turístico da comarca. Trátase dun xacemento de gran tamaño, cos restos de estructuras monumentais aínda que moi alterado uestes últimos séculos. A singularidade deste xacemento é a presencia das estructuras dun primeiro túmulo soterrado baixo as masa tumular do segundo, o que permitiu documentar un primeiro monumento que, polas datacións radiocarbónicas, corresponde ós inicio do megalitismo, coas estructuras centrais en un estado de conservación excepcional, así como a complexidade do proceso constructivo que levou ó xacemento o seu aspecto final.

Keywords