Revista Galega de Economía (Jun 2018)

LIDERADO TRANSFORMADOR, ENGAGEMENT E CREATIVIDADE NO CONTEXTO DE PEMES INTENSIVAS EN COÑECEMENTO

  • Guadalupe VILA VÁZQUEZ,
  • Carmen CASTRO CASAL,
  • Dolores ÁLVAREZ PÉREZ

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.27.1.5227
Journal volume & issue
Vol. 27, no. 1

Abstract

Read online

A creatividade individual constitúe un input fundamental para a innovación e a competitividade das pemes intensivas en tecnoloxía e coñecemento. Este artigo considera que os supervisores cun estilo de liderado transformador poden estimular a creatividade dos empregados mediante o engagement. Os resultados do estudo, contrastado mediante ecuacións estruturais nunha mostra de empregados de pemes intensivas en tecnoloxía e coñecemento, así o confirman. Este achado supón importantes implicacións para a dirección das pemes intensivas en tecnoloxía e coñecemento que se enfronta ao desafío de potenciar a creatividade dos empregados.

Keywords