Revista Galega de Economía (Jun 2013)

Políticas europeas de auditoría en tempos de crise

  • María Antonia García Benau,
  • Ana Zorio Grima,
  • Josefina Novejarque Cibera

DOI
https://doi.org/10.15304/rge.22.1.1277
Journal volume & issue
Vol. 22, no. 1

Abstract

Read online

A Unión Europea respondeu á crise financeira internacional tomando medidas que permitan recuperar a estabilidade nos mercados e favorecer o crecemento económico nos Estados membros. No terreo da auditoría, no ano 2010 publicouse o documento «Libro Verde. Política de auditoría: lecciones de la crisis», que mostra a intención da Comisión Europea de asumir o liderado en materia de auditoría no ámbito internacional, promovendo a cooperación internacional no marco do Consello de Estabilidade Financeira e do G-20. A este documento séguenlle a Resolución do Parlamento Europeo, de 13 de setembro de 2011, sobre «Políticas de auditoría: lecciones de la crisis»; a Proposta de directiva do Parlamento Europeo e do Consello pola que se modifica a Directiva 2006/43/CE; e a Proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre as auditorías das entidades de interese público. Este traballo trata sobre a visibilidade que a Comisión Europea lle deu ao traballo dos auditores nos momentos económicos tan difíciles que estamos vivindo. O noso obxectivo é debater sobre o modelo normativo da auditoría instaurado en Europa e sobre a forma na que se están emitindo políticas europeas en materia de auditoría para facerlle fronte á crise financeira internacional iniciada no ano 2008. Este artigo demostra que a regulación europea está formulada para exercer un maior control sobre o exercicio da actividade da auditoría. Os avances desas propostas son indiscutibles, pero este traballo reflexiona sobre se tanta regulación ten un efecto claro sobre a calidade da auditoría.

Keywords