Recursos Rurais (Apr 2018)

Un instrumento innovador para defragmentar a propiedade? A permuta entre múltiples participantes e a percepción dos gandeiros

  • Nieves Perez Rodríguez,
  • Eduardo José Corbelle Rico,
  • Francisco José Ónega López

DOI
https://doi.org/10.15304/rr.id5055
Journal volume & issue
no. 13

Abstract

Read online

Neste traballo explórase a viabilidade dun proceso de permuta de uso das parcelas entre múltiples participantes como ferramenta para reducir a fragmentación do uso da terra e mellorar a estrutura parcelaria das explotacións. Trátase de identificar os criterios e variables máis relevantes a hora de realizar un proceso deste tipo, desde a perspectiva das explotacións de gando vacún, co obxectivo adicional de que o coñecemento xerado sirva de base para o deseño de ferramentas informáticas de apoio. A través da realización de entrevistas e a análise cualitativa dos resultados obtidos, quedou patente que a marxe de mellora da base territorial das explotacións existe e que a práctica da permuta non é totalmente allea ao sector. O traballo permitiu explorar cales serían as principais vantaxes e inconvenientes dun proceso destas características desde a perspectiva dos seus potenciais beneficiarios.

Keywords