Recursos Rurais (Feb 2021)

Revisión das poboacións de Zostera na Ría de Ribadeo. Marco legal, ameazas e posibilidades de futuro

  • Diego Carreira Flores,
  • Hugo López Castro

DOI
https://doi.org/10.15304/rr.id7495
Journal volume & issue
no. 17

Abstract

Read online

Neste traballo faise unha relación das cinco especies de plantas vasculares mariñas presentes na Comunidade Autónoma de Galicia (Zostera marina, Zostera noltii, Ruppia maritima, Najas minor, Najas marina) cos tipos de Unidades Ambientais do Plan Director da Rede Natura 2.000 de Galicia e os tipos de hábitats da Directiva 92/43/CEE, facendo especial fincapé nas dúas especies de Zostera por estar protexidas por distintos catálogos de protección estatal e autonómico. Posteriormente faise unha revisión bibliográfica sobre as dúas especies de Zostera na Ría de Ribadeo e elabórase unha novo mapa de presenza das dúas especies en cuadrículas UTM de 125 x 125 m. Finalmente, avalíase o estado de conservación de ámbalas dúas especies de acordo coa clasificación dos informes da Axencia Europea de medio Ambiente sobre o Artigo 17 da DC92/43/CEE.

Keywords