Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2011)
Didáctica das expresións idiomáticas dende un enfoque plural: imaxes e emocións na aula de lingua estranxeira
Abstract
A LOE vincula a competencia en comunicación lingüística cos obxectivos do MCER, orientados cara ao desenvolvemento dunha competencia plurilingüe e pluricultural. Neste traballo, asúmese este novo paradigma para abordar o ensino e a aprendizaxe das expresións idiomáticas nas aulas de LE dende un enfoque plural. Preséntase unha análise de coincidencias entre linguas na configuración das imaxes, seguindo a semántica cognitiva. Destácase a utilidade de dita análise como estratexia de aprendizaxe. // The Spanish educative law (LOE) links communicative competence with the objectives of the CEFR, a framework aimed to develop a plurilingual and pluricultural competency. In the present work, I assume this new paradigm to deal with the teaching/learning of idioms in the foreign language classroom from a “plural focus”. I present an analysis of cross-linguistic coincidences in the configuration of images, as pointed out by cognitive semantics. The suitability of this analysis as a learning strategy is highlighted.