Cadernos de Fraseoloxía Galega (Feb 2018)

As secuencias fixas en kíkôngò: os frasemas construídos con nomes de partes do corpo / Fixed sequences in Kíkôngò: phrasems involving body part nouns

  • Dolors Català Guitart,
  • Luntadila Nlandu Inocente

Journal volume & issue
no. 18
pp. 17 – 35

Abstract

Read online

Os estudos fraseolóxicos suscitan un interese crecente dende os anos 80. Neste sentido, a fixación constitúe un elemento esencial na descrición das linguas. Porén, no que concirne ao kíkôngò, non existen estudos que tratasen previamente este fenómeno. O obxectivo deste artigo é clasificar e describir brevemente algúns frasemas, en concreto os frasemas somáticos, seguindo o enfoque lexicolóxico da teoría sentido-texto. En primeiro lugar, falaremos de xeito conciso do marco teórico que sustenta este traballo aplicado por primeira vez ao kíkôngò, despois examinaremos o campo nocional e lexical dos nomes das partes do corpo así como o seu valor simbólico. Finalmente abordaremos a descrición dunha clase de frasemas, as locucións verbais, segundo a súa natureza metafórica ou metonímica. // Phraseological studies present a great interest since the 80s. Moreover, the frozen expression is an essential aspect in the description of languages, however, as regards the kíkôngò, there is no research related to this phenomenon. The objective of this article is to classify and describe briefly some phrasemes including somatic phrasemes, following the lexicological approach of meaning-text theory. Frist, we briefly discuss the theoretical framework applied for the first time in kíkôngò, then we examine the notional field and lexical body parts names and their symbolic role; finally, we discuss the description of a class phrasemes, verbal locutions, according to their metaphorical or metonymic sense.

Keywords