Ad Limina (Jul 2021)

A peregrinación feminina a través das cantigas

  • Esther Corral Díaz

DOI
https://doi.org/10.61890/adlimina/12.2021/04
Journal volume & issue
Vol. 12
pp. 96 – 118

Abstract

Read online

Neste traballo analizarase o fenómeno da peregrinación na lírica profana galego-portuguesa asociado á participación feminina. Os estudos publicados ata o momento fixáronse en parcelas de ambos ámbitos sen proxectar a visión no seu conxunto. O exame atento do variado repertorio dos cancioneiros cos diferentes xéneros e modalidades proporcionará unha perspectiva multidisciplinar de dous puntos de vista contrapostos sobre esta viaxe que suscita a súa fascinación literaria: unha peregrinación local (sempre de mulleres) centrada en viaxes a santuarios máis ou menos próximos –ou incluso a lugares emblemáticos como Compostela–, enmarcada nun contexto lírico no que o amor é o elemento esencial, e unha peregrinación a ultramar na que o sentimento do amor é substituído polos recursos propios da sátira, como a crítica mordaz, a ironía e o equívoco. O diferente carácter poético das composicións (de rexistro amoroso ou satírico) marcará un achegamento singular a tipoloxías antitéticas de figuras femininas que experimentaron unha viaxe sempre imaxinaria e que é relatada a través de discursos textuais suxeitos ás convencións marcadas pola tradición trobadoresca. Nas cantigas obsérvase un claro predominio do ambiente de romaría sobre outro tipo de peregrinación.

Keywords