Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jun 2021)

Orientación na universidade para a multiplicación dos estudos fraseolóxicos / Guidance for Increasing the Number of Phraseological Studies at Universities

  • Angela Maria Tenório Zucchi

DOI
https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.05.00006
Journal volume & issue
no. 21
pp. 105 – 134

Abstract

Read online

Este artigo ten por obxectivo incentivar a realización de pescudas académicas na área da Fraseoloxía e promover a comunicación, difusión e intercambio de coñecemento científico en volta destes estudos nas universidades. Con este fin, o traballo divídese en cinco seccións: introdución, o contexto universitario brasileiro, as caras da Fraseoloxía, o papel do director académico e as consideracións finais. A partir da metáfora “navegación nun mar de posibilidades de investigación”, o artigo introduce os estudos fraseolóxicos, ofrece definicións de fraseoloxía propostas por diversos autores, aborda as súas distintas caras en lingua materna e lingua estranxeira, sinalando principalmente tres rutas para o desenvolvemento da investigación: o campo do ensino, que recibe o nome de Fraseodidáctica; o campo da Tradución, sexa de lingua común ou de lingua de especialidade; e o campo da Fraseografía. Ofrece reflexións acerca da propia dirección académica, explicita o papel dos fraseoloxismos na escrita académica e apunta os diversos medios tecnolóxicos actualmente dispoñibles para a busca bibliográfica e a divulgación da investigación. En fin, procura contribuír a que os estudantes se interesen pola investigación e se convertan en investigadores en Fraseoloxía. // This paper aims to encourage academic researches completion in Phraseology field and to promote scientific knowledge communication, dissemination and exchange within Universities. For this purpose, the paper is presented in five sections: Introduction, Brazilian University Context, Phraseology faces, the role of the Supervisor, and concluding remarks. Using the metaphor “sailing in a sea of research possibilities”, the paper introduces the phraseological studies, brings phraseology definitions proposed by several authors, approaches its various faces in native and foreign language, indicating three main routes for research development: the field of Teaching, named Phraseodidactic; the translation field, either of common language as well as of specialized language; and the Phraseography field. It brings reflections about the advising itself, the role of phraseologisms in academic writing and points out the various technological media currently available for bibliographic survey and academic dissemination. Therefore, it aims to contribute for the students to be interested in research and to become Phraseology researchers.

Keywords