Estudios Románicos (Apr 2023)
“Nunca o imos conseguir”: a memoria da resistencia antifranquista a través de dúas novelas galegas
Abstract
A resistencia antifranquista é un dos temas recorrentes na novela galega da memoria do s. XXI. Estre artigo pretende realizar unha aproximación a dúas das obras máis representativas que conforman este corpus: Expediente Artieda (2000) de Luís Rei Núñez e A vitoria do perdedor (2013) de Carlos G. Reigosa. A lectura dos textos parte das propostas teórico-metodolóxicas dos estudos de memoria cultural co obxectivo de analizar as representacións que ambos ofrecen da oposición ao franquismo, marcadas pola idea da derrota. Alén diso, o traballo detense nalgúns aspectos particulares, como a construción dos personaxes, para mostrar cal é o modo ético-político de memoria polo que cada un dos autores avoga na súa ficcionalización do pasado traumático colectivo.
Keywords