Cadernos de Fraseoloxía Galega (Dec 2024)

Os termos da fraseoloxía en galego

  • Alejandro Martínez Vicente,
  • Ivana Lončar

DOI
https://doi.org/10.52740/cfg.23.25.06.00076
Journal volume & issue
no. 25
pp. 109 – 130

Abstract

Read online

Este traballo ten como obxectivo reunir os termos da fraseoloxía en lingua galega, tanto das súas subdisciplinas como das unidades que constitúen o seu obxecto de estudo. Extráense e recóllense de diversas fontes as solucións adoptadas en galego para cada concepto e, onde se considere preciso, estas van acompañadas dunha descrición ou análise relacionada co seu uso e presenza nos estudos fraseolóxicos galegos. Sinálanse con especial atención os casos en que a un mesmo concepto lle corresponden dous ou máis termos ou aqueles considerados proclives a confusión, como sucede con algún que, en función da escola ou corrente que siga un autor determinado, pode facer referencia a conceptos diferentes, conforme ocorre con unidade fraseolóxica que é nalgunhas obras considerado un sinónimo de fraseoloxismo e, en cambio, noutras de frasema. Indícase tamén, nos casos onde existen diversas opcións, aquelas que semellan ser máis claras, unívocas ou acaídas. Ao final do artigo, inclúese un anexo cun glosario de tódolos termos recollidos, un total de 166, dividido en dúas categorías principais: disciplinas e unidades, con 38 e 128 termos respectivamente.