Revista Galega de Economía (Mar 2015)
Aplicación da análise de correspondencias sobre os datos de xeración de emprego no
Abstract
Nas últimas décadas, España presentou cambios na estrutura de produción eléctrica, en parte xustificados pola forte presenza das enerxías renovables, fundamentalmente da eólica. Tanto desde a Unión Europea como a nivel estatal e autonómico, utilizouse a xeración de emprego como un dos puntos fortes do desenvolvemento do sector eléctrico, a pesar de que o sistema enerxético é intensivo en capital pero non en emprego, e ao non existir estatísticas oficiais que recollan polo miúdo a dimensión do empre-go creado. Analizaremos o emprego no sector eléctrico en España a partir da Encuesta de la Energía Eléc-trica. Tras comprobar mediante contrastes chi-cadrado que tanto as variables "autonomías" e "distribu-ción do persoal" ocupado como "autonomías" e "sexo" do persoal ocupado non son variables independen-tes, estudamos mediante as respectivas análises de correspondencias as similitudes entre as distintas ca-tegorías das variables implicadas, sinalando que Madrid achega case o 50% do total da inercia na análise entre autonomías e distribución de persoal (correspondencias 1). Como resultado das dúas análises de co-rrespondencias, no plano factorial (ano 2009) represéntase a Comunidade andaluza, que se asocia ao xé-nero feminino, mentres que Madrid se asocia ao persoal técnico.
Keywords