Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Oct 2015)

Emoción para ensinar música: o percorrido dun profesor exemplo de boas prácticas

  • Lucía Casal-de-la-Fuente

DOI
https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.04.457
Journal volume & issue
no. 04

Abstract

Read online

Co proxecto de investigación “Diseño Curricular y Buenas Prácticas en Educación Infantil: una visión internacional, multicultural e interdisciplinar” estamos a identificar, recoller e compartir un cento de experiencias fundamentadas que están a destacar por todo o mundo no ámbito da Educación Infantil debido á súa singularidade e que, ao entender do grupo de investigación que o desenvolve, integrado por 9 universidades españolas e outros grupos de investigación estranxeiros, son consideradas boas prácticas docentes. Cun deseño de investigación de corte cualitativo, os instrumentos fundamentais que estamos a usar para esta indagación son a observación e a entrevista. Esta última estrutúrase en 7 grandes bloques: datos de identificación, aspectos xenéricos (resumo biográfico), itinerario formativo, datos concretos sobre a boa práctica, exemplo dunha sesión, impacto da boa práctica e preguntas de clausura. Dende o grupo GIE-USC presentamos o caso “A maleta de Tomás”, que narra a historia dun profesor de música cunha traxectoria particular. É obxecto desta comunicación presentar a súa historia de vida, é dicir, destacando os puntos máis salientables dos tres primeiros bloques extraídos da entrevista levada a cabo no seo deste proxecto de investigación. Entre os resultados máis salientables destacamos a casualidade e o método Willems. Cun paso aciago pola escola como alumno chegou a profesor porque a vida fortuitamente levouno a elo: descubriron a súa vocación e fixéronllo ver. E o estudo do método de ensino musical Willems marcouno de por vida, pois non é quen de entender o ensino da música senón dende a perspectiva emocional; de feito hoxe en día tamén traballa como musicoterapeuta. A escritura continua de diarios de clase fíxolle avanzar como docente e entender mellor os seus propios pasos profesionais así como o desenvolvemento dos seus alumnos. Grazas a isto foi quen de deseñar os seus propios boletíns de seguimento individual. Despois do seu percorrido, cheo de idas e vidas, podemos concluír que un exemplo de boas prácticas é quen de conectar co alumnado dunha forma especial, quen constrúe os seus propios materiais en función das necesidades que vai atopando no seu percorrido profesional e quen inclusive chega a desenvolver os seus caderno-currículos específicos para cada etapa na que imparte docencia. E algo que nos parece de salientar e co que pechamos este resumo é que pese a ter sido un fracaso escolar e recordar a escola como algo nefasto, este profesor é exemplo de boas prácticas, pois no canto de tirar a toalla e refutar o sistema, unha vez involucrado na educación e instrución, decidiu darlle a volta a todo e facer as cousas dunha vez, ao seu entender, ben.

Keywords