Recursos Rurais (Nov 2023)
Actualización do censo de lobos do norte de Galicia. Valoración crítica sobre metodoloxía e resultados do censo da Xunta de Galicia de 2021-2022
Abstract
O presente artigo presenta os resultados obtidos nunha nova estima dos grupos reprodutores de lobo presentes no norte de Galicia. O traballo de campo foi efectuado os anos 2021 e 2022, de maneira que se actualiza o censo que se abordara en anos anteriores (2019 e 2020). Os resultados obtidos compáranse cos contidos no resume do censo oficial do lobo presentado pola Xunta de Galicia e relativo aos anos 2021-2022. A análise dos resultados do censo oficial e a súa comparativa cos obtidos no presente traballo confirman unha subestima no primeiro de entre un 27.7 e un 43.4 % dos grupos reprodutores existentes nos case 3000 km2 da área de estudo. Finalmente, preséntase unha valoración crítica da metodoloxía aplicada no censo oficial, que explicaría as deficiencias observadas nos resultados.
Keywords