Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (Dec 2015)
O profesorado de apoio á atención á diversidade, profesional clave na función orientadora
Abstract
A relevancia social do Departamento de Orientación (DO) e a súa visibilización focalízase, con frecuencia, na figura do orientador ou orientadora, mientras que outros profesionais que forman parte de este quedan nun lugar subsidiario. O profesorado de apoio e o orientador precisan de un traballo conxunto imprescindible, porque os primeiros son os interlocutores directos e máis habituais co alumnado, co resto do equipo docente e incluso coas familias. Son estes profesionais os que aglutinan boa parte da información e do coñecemento alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, independentemente de que traballen ou non co alumnado, pois a súa fución de apoio non se restrinxe ao alumnado senón tamén ao profesorado de aula no seu traballo diario. Nesta comunicación, preséntase unha reflexión entre dúas profesionais con esperiencia dende fai 12 e 6 anos respectivamente.
Keywords