Cadernos de Fraseoloxía Galega (Jan 2014)

Achegamento á fraseoloxía do “dicir” en francés / Approach to the phraseology of “saying” in French

  • Ana María Ramos Sañudo

Journal volume & issue
no. 15
pp. 267 – 287

Abstract

Read online

Neste traballo preséntase a primeira fase dun proxecto máis amplo consistente nunha análise pormenorizada da fraseoloxía francesa do “dicir”, que desemboque na elaboración dun repertorio lexicográfico destas unidades e as súas correspondentes equivalencias en castelán. Reflexiónase, nestas páxinas, sobre o proceso de selección das unidades que constitúen a fraseoloxía do “dicir” en francés, selección que se leva a cabo despois da consulta duns dez dicionarios da lingua francesa. Abórdanse tamén cuestións como a identificación deste tipo de secuencias fixas, diferenciándoas das secuencias libres e considerando as propiedades esenciais que definen o fenómeno fraseolóxico, é dicir, o grao de fixación e a idiomaticidade. Destácase ademais a existencia de variantes fraseolóxicas e tamén algunhas peculiaridades que se observan no tratamento lexicográfico da fraseoloxía do “dicir”. Da mesma maneira, proponse unha primeira clasificación destas unidades atendendo aos criterios de fixación, idiomaticidade e funcionamento, así como outra máis específica para as unidades que presentan un significado metaenunciativo, operando nas zonas modal e enunciativa previas ao nivel dital. // This paper presents the first stage of a larger project consisting in a detailed analysis of the French phraseology of “dire” (saying). This results in the development of a lexicographic catalog of these units and their equivalences in Spanish. The constituents of the phraseology have been selected from a set of eleven French dictionaries. Other questions addressed are, for example, the identification of such fixed expressions, differentiating them from free expressions and paying attention to the essential characteristics which determine the phraseological phenomenon, i.e. the degree of fossilization and the idiomaticity. Furthermore, it is considered the existence of phraseological variations together with some peculiarities regarding the lexicographic treatment of the phraseology of “dire”. Finally, an initial classification of the units is proposed based on the criteria of fossilization, idiomaticity and function, as well as some other more specific for the units that have a meta-enunciative meaning, operating on both modal and enunciative zones previous to dictum.

Keywords