Cinema & Território (Nov 2018)

Diáspora en feminino e cinema

  • Margarita Ledo Andión

DOI
https://doi.org/10.34640/universidademadeira2018ledoandion
Journal volume & issue
no. 3
pp. 92 – 101

Abstract

Read online

“Esquecerte de quen es para ser ti mesma-outra”, dinos a voz e o corpo en exilio da actriz de orixe galega María Casares no filme de Alain Resnais Gernika, 1945. Para non esquecer a barbarie, o bombardeo sobre poboación civil, a perda. Para sentir o corpo algures, alén da perda, no lugar onde están os teus pés. Con esta idea paradoxal canda o cinema que lle pon rostro a ese sinal tráxico do século: o movemento incesante de masas humanas por fame, guerras, persecución, catástrofes... imos procurar un cinema no que o territorio é, singularmente, o desexo do retorno; imos cara as definicións de cine migrante, de cinema de e dende a diáspora e so as pegadas do feminino; imos cara a actitude do e da cineasta como constitutiva das obras para, na fin, exemplificalo a traveso dunha pequena viaxe no Cinema en Lingua Galega.

Keywords